lunes, 23 de enero de 2012

Os xogos populares

O mércores día 11 de xaneiro viñeron dous mozos a enseñarnos xogos populares. Apredemos a xogar os seguintes xogos:as tabas e o furón.
Instrucións para xogar as tabas:
1ºpaso:necesítanse cinco pedras de río ou osos de año.
2º paso: lanzas unha taba o aire e intentas coller unha do chan e a que lanzaches o aire.
3º paso:volvese a lanzar unha taba, mentres esta no aire, cóllense dúas do chan e tamén a que baixa.
4ºpaso:Repetimos todo o proceso anterior pero en vez de coller dúas tabas collemos 3, e así ata coller todas.

O xogo do furón.

Material: Un fío largo e un macarrón, anel ou parecido.

Instrucións:

1º Paso: Meter o macarrón no fío e atar o fío polos cabos.
2º paso: escoller unha canción.
3º paso : en grupo collemos o fío en círculo. Un dos participantes queda no medio e os demais mentres cantan moven o macarrón sen ser visto polo que está no medio.
4º paso: O participante que está no medio ten que adiviñar onde está ou quen ten o macarrón. Se acerta pasa a quedar no medio aquel xogador que o tiña.