miércoles, 21 de diciembre de 2011

Bo Nadal e Prospero Ano Novo 2012.

Todos nós desexámosvos Felices festas e feliz ano novo 2012, esperamos que Papa Noel e os Reis nos traian moitos agasallos xa que netes trimestre esforzámonos moito. Moitos Saúdos a todos!

O concurso das postais de nadal.

Este ano realizamos un concurso de postais organizado polo concello de os Blancos.Os gañadores foron os seguintes compañeiros:

1º posto: Miguel Estévez Díaz.
2º posto: Sonia Penín Villamarín.
3º posto: Yerai Moure Lama.

Os nosos parabéns a todos.É importante dicir que todas as postais foron moi bonitas. Grazas ao concello polos agasallos dos premiados.

Chegaron as vacacións!

Hoxe para celebrar a chegada do nadal, fixemos un festival onde participamos todos. Queredes saber o que fixemos?
1º os nenos de infantil cantaron unha panxoliña titulada "Rodolfo el reno".
2º Nos fixemos unha obra de teatro en inglés titulada "Christmas play".
3º Os nosos compañeiros de 4º e de 6º interpretaron unha panxoliña chamada "Un belén en el fondo del mar".
4º Todos os nenos e nenas de primaria interpretamos unha obra de teatro en lingua galega titulada "Os contos van a Belén".

Como estades vendo foi un festival moi entretido, pero ademáis de todo o que vos levamos contado tamén fixemos a cantinuación o seguinte:

5º Interpretamos a panxoliña titulada "O cuarto Rei Mago".
6º A nosa compañeira Sharon fixolle un pé aos compañeiros de 4º e de 6º para bailar o "Ballao", bailaron todos moi ben. Ademais os nosos compañeiros tamén fixeron moi ben a obra de teatro en inglés "Christmas Cruch"
7º O broche de ouro puxémolo todos os nenos/as do cole plurilingüe dos Blancos cantamos xuntos a panxoliña en ingles: "White Chritmas".

Como vedes neste cole pasámolo moi ben. Dámoslle as grazas aos nosos pais, nais e familiares que nos viñeron ver. Foi moi divertido!.

lunes, 5 de diciembre de 2011

Experimento da mazá.

Fixemos a Terra cunha mazá. Cubrímola con plastilina de cor azul e verde.O azul era a auga e o verde os continenetes.
Logo cortámola pola metade e descubrimos que tiña tres capas : codia, manto e o núcleo. Estas capas pertencen á xeosfera, e esta é o que nos quedaría se eliminasemos o aire e a auga da Terra.
Gustounos moito o experimento que fixemos!

A nosa árbore de nadal.

O luns pola tarde, a profe propúxonos facer unha árbore para decorar a clase.Pero non a debuxamos,fixémola da seguinte maneira:
1º paso: debuxamos as nosas mans nun folio verde.
2ºpaso: recortalas.
3ºpaso:pegámolas para que formasen a estructura da árbore.
4ºpaso: ondular os dedos para que parezca máis real.
5ºpaso: poñerlle o tronco.
6ºpaso:decorar a àrbore.