miércoles, 21 de diciembre de 2011

Chegaron as vacacións!

Hoxe para celebrar a chegada do nadal, fixemos un festival onde participamos todos. Queredes saber o que fixemos?
1º os nenos de infantil cantaron unha panxoliña titulada "Rodolfo el reno".
2º Nos fixemos unha obra de teatro en inglés titulada "Christmas play".
3º Os nosos compañeiros de 4º e de 6º interpretaron unha panxoliña chamada "Un belén en el fondo del mar".
4º Todos os nenos e nenas de primaria interpretamos unha obra de teatro en lingua galega titulada "Os contos van a Belén".

Como estades vendo foi un festival moi entretido, pero ademáis de todo o que vos levamos contado tamén fixemos a cantinuación o seguinte:

5º Interpretamos a panxoliña titulada "O cuarto Rei Mago".
6º A nosa compañeira Sharon fixolle un pé aos compañeiros de 4º e de 6º para bailar o "Ballao", bailaron todos moi ben. Ademais os nosos compañeiros tamén fixeron moi ben a obra de teatro en inglés "Christmas Cruch"
7º O broche de ouro puxémolo todos os nenos/as do cole plurilingüe dos Blancos cantamos xuntos a panxoliña en ingles: "White Chritmas".

Como vedes neste cole pasámolo moi ben. Dámoslle as grazas aos nosos pais, nais e familiares que nos viñeron ver. Foi moi divertido!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario