viernes, 25 de noviembre de 2011

Pinocho e medio.


O luns día 21 fomos ver a obra Pinocho e medio. Ás 10:32 montamos no autobus, directos o auditorio de Ourense.Ao chegar sentámonos nos asentos do auditorio, mentres esperabamos vimos máis nenos alí. Porfin comezou a obra e todos estabamos moi emocionados.A obra trataba sobre unha marioneta moi traste que mentres xogaba rompeulle a caixiña de música a Gepeto.Gepeto enfadouse tanto que Pinocho pensou que xa non o quería.
 Pinocho foi en busca da Hada Azul, tívose que enfrentar a moitos perigos como: o demonio,o oso,o paiaso, os bandidos, a balea. Porfin chegou á casa da Hada Azul, pero o seu pai fora devorado por unha balea, Pinocho rescatouno aínda que lle rompera a caixiña de música seguíao querendo.
Gustounos moito, animámosvos  a ver esta obra!


Visita dun contacontos.

Onte no  comedor un trasno moi extraño chamado Anxo visitounos e preguntounos se o invitábamos a comer. No recreo, Anxo  contounos moitos contos que trataban sobre:as árbores, a paz e a guerra. En medio da conversación sacou unhas marionetas amigas súas: unha cabra, paxaro,león,gatiña cariñosa..
Que foron interpretadas por: Sharon, Celso, Ainhoa, Leandro, Yadhira e Eli. Ao final o trasno ensinounos
a lingua dos animais e das árbores.
Aprendimos a coidar as árbores e os contos, ademais tamén aprendimos a non facer guerra e a respetar a xente de todos os paises.Asi que xa sabedes hai que ser tolerantes.Adeus!

martes, 22 de noviembre de 2011

A festa do magosto.

O venrres  día 11 de Novembro, celebramos o día das castañas e do viño novo.Fixemos unha comida cos nosos pais para celebralo comemos:costela, criollo, chourizo e panceta.  Ademais realizamos unha coroa de castañas a cal lle  puxemos refráns: "dende  san Martiño deixa a auga e veve viño",no san Martiño porco e viño", "Polo San Martiño as  castañas que quedan no souto son do moucho", "No San Martiño abre o pipote de viño" e "As castañas que quedan no camiño son do veciño".

lunes, 21 de noviembre de 2011

O xogo das chapas.

En educación física a profe propúxonos, xogar a un xogo chamado as chapas e xógase así: primeiro fas o circuito das chapas, despois traes chapas para xogar e quen se saia do circuito volve a empezar e quen chegue primeiro a meta gaña. Esperemos que vos guste o xogo, aqui abaixo tendes unha foto,a que apetece xogar?

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Concurso de cabazas.

Para conmemorar o Samaín, fixemos un concurso de cabazas. Todos os nenos trouxeron as súas cabazas decoradas. Aos profesores resultoulles moi dificil decidir a cabaza gañadora. Houbo un gañador por clase: en infantil gañou Derek, na aula1 de primaria gañou Mónica e na aula 2 gañou Yadira. Os nosos parabéns a todos!
Aquí tendes a foto da cabaza da nosa compañeira, é realmente terrorífica!



martes, 15 de noviembre de 2011

O mapa de Galicia.

En coñecemento coñecimos, nunca mellor dito,o mapa de Galicia. Primeiro cubrimos as provincias de plastilina. Despois fixemos as serras, tamén pintamos as costas con tempera azul. Por ultimo, fixemos unha mezcla , con cola e auga. Cubrimos todo o mapa para que brillara e quedara bonito. Deixamosvos esta foto para se o queredes facelo.