viernes, 25 de noviembre de 2011

Visita dun contacontos.

Onte no  comedor un trasno moi extraño chamado Anxo visitounos e preguntounos se o invitábamos a comer. No recreo, Anxo  contounos moitos contos que trataban sobre:as árbores, a paz e a guerra. En medio da conversación sacou unhas marionetas amigas súas: unha cabra, paxaro,león,gatiña cariñosa..
Que foron interpretadas por: Sharon, Celso, Ainhoa, Leandro, Yadhira e Eli. Ao final o trasno ensinounos
a lingua dos animais e das árbores.
Aprendimos a coidar as árbores e os contos, ademais tamén aprendimos a non facer guerra e a respetar a xente de todos os paises.Asi que xa sabedes hai que ser tolerantes.Adeus!

No hay comentarios:

Publicar un comentario