viernes, 25 de noviembre de 2011

Pinocho e medio.


O luns día 21 fomos ver a obra Pinocho e medio. Ás 10:32 montamos no autobus, directos o auditorio de Ourense.Ao chegar sentámonos nos asentos do auditorio, mentres esperabamos vimos máis nenos alí. Porfin comezou a obra e todos estabamos moi emocionados.A obra trataba sobre unha marioneta moi traste que mentres xogaba rompeulle a caixiña de música a Gepeto.Gepeto enfadouse tanto que Pinocho pensou que xa non o quería.
 Pinocho foi en busca da Hada Azul, tívose que enfrentar a moitos perigos como: o demonio,o oso,o paiaso, os bandidos, a balea. Porfin chegou á casa da Hada Azul, pero o seu pai fora devorado por unha balea, Pinocho rescatouno aínda que lle rompera a caixiña de música seguíao querendo.
Gustounos moito, animámosvos  a ver esta obra!


No hay comentarios:

Publicar un comentario